Condicións

 

CONDICIÓNS DE USO

 

As presentes condicións regulan a páxina web www.cartadosreismagos.com, que Solnet Telecom, SL (en diante, Solnet ou www.cartadosreismagos.com), pon á disposición dos usuarios.

 

O uso desta páxina web implica a aceptación dos termos e das condicións de uso aquí sinaladas. Solnet reserva para si o dereito a cambiar as condicións de uso desta páxina web cando o considere conveniente, así como o dereito de suspender, interromper ou cesar as operacións deste sitio web cando o considere oportuno.

 

1. As nosas cartas Pode ver aquí as características concretas das cartas que se enviarán.

 

2. Prezos Todos os prezos dos pedidos inclúen o 18% de IVE e os gastos de envío por correo postal ordinario.

 

3. Pagamentos e Paypal www.cartadoreismagos.com elixiu Paypal, a plataforma de pagamento máis estendida e segura na internet. Con Paypal poderás utilizar a maioría das principais tarxetas de crédito e débito: Visa, MasterCard, Visa Electron, e outras. Ademais, se o prefires, poderás utilizar a túa conta bancaria para realizar o pagamento mediante transferencia en liña. Nota importante: non se necesita ser cliente de Paypal para pagar a través desta pasarela bancaria, senón que o proceso de pagamento se realiza coa súa tarxeta de débito ou crédito, coma en calquera outra pasarela de pagamento de calquera banco. Opcionalmente, ao final do proceso de pagamento, vostede pode facerse membro de Paypal. Para máis información, faga clic aquí.

 

4. Pedidos e envíos Só poden facer pedidos os maiores de 18 anos, conforme a lexislación española. Facemos envíos a todo o mundo. Recomendamos encarecidamente que non faga pedidos despois do 28 de decembro, se vostede vive na CEE (Comunidade Económica Europea). Se vostede vive fóra da CEE, non realice pedidos despois do 15 de decembro. Só vostede pode facer o pedido con posterioridade, ata o 20 de decembro, pero para unha maior garantía de que chegará antes do día de Reis, é necesario que elixa o envío por correo postal urxente.

 

5. Devolucións e garantía www.cartadosreismagos.com garante os seus produtos cunha garantía de 20 días. Se por calquera razón vostede non está contento cos nosos produtos ou servizos, simplemente fáganolo saber. Pode devolver a mercadoría recibida no seu sobre orixinal e sen danos, emendas ou alteracións, dentro dos 20 días contados dende a data de envío. O primeiro que debe facer é contactar con nós e enviarémoslle un número de autorización para a devolución (RMA) e darémoslle as instrucións para a devolución. Non se fará ningunha devolución sen número de RMA. O número de RMA deberá estar ben visible no frontal do sobre que recibamos. Despois da recepción deste, Solnet procederá ao reenvío do produto ou á devolución do diñeiro.