Preguntas Frecuentes

AS CARTAS

Si. Pode encargar ata 4 cartas distintas por cada pedido.

Non. Dispoñemos de varios modelos de cartas diferentes. Ademais, para cada neno vostede dispón dun parágrafo completo para poder escribir un texto persoal de posdata no nome dos Reis Magos.

PEDIDOS

Nós recomendamos facer os pedidos antes do 26 de decembro (correo postal ordinario). Non obstante, vostede pode facer o pedido ata o 29 de dezembro SÓ CON CORREO URXENTE (INCLUÍDO AGORA NO PREZO 9,95 € CARTA +3 € DE CORREO URXENTE ), aínda que lle recomendamos que elixa a opción de correo postal urxente para garantir que chegue antes do día de Reis. En ningún caso se aceptarán pedidos despois do 31 de decembro.

Non. Só poden facer pedidos os maiores de 18 anos, conforme a lexislación española en materia de comercio electrónico.

Vostede poderá previsualizar os textos que irán na súa carta antes de rematar o pedido e de aboalo. Asegúrese de que os campos cubertos por vostede non conteñen erratas, xa que se mostrarán na carta tal como vostede os poña. Unha vez formalizado o pedido, non nos é posible modificalo, xa que este pasa inmediatamente a produción, dada a présa das datas en que se tramita o pedido..

As cartas envíanse ben por correo postal ordinario ou ben por correo urxente. Estes envíos non dispoñen dun número de seguimento, polo que nos resulta imposible responder as solicitudes para coñecer o estado dos envíos, xa que o servizo de correos non nos facilita esta información. Só lle podemos dicir que día se enviaron as cartas. Faremos o maior esforzo para que os seus pedidos cheguen o antes posible..

Non, sentímolo, isto non é posible. Todos os pedidos han de facerse a través da nosa páxina web. Pode estar tranquilo da seguridade da transacción. A plataforma de pagamento de Paypal é posiblemente a pasarela bancaria máis segura da internet.

ENVÍOS

Os pedidos enviaranse durante o mes de decembro (salvo os urxentes, que se expiden de inmediato). Dende que se procesa o pedido ata que vostede recibe a carta no seu domicilio poden pasar ata 12 días, debido a que esas datas son especialmente complicadas para os servizos de Correos. Para asegurarnos de que as cartas chegan antes do día de Reis, todos os pedidos deben realizarse antes do 15 de decembro, se o pedido é o normal, por correo ordinario, ou antes do 20 de decembro, se o pedido leva a opción con sobrecusto de correo urxente.

Si, enviamos os pedidos de cartas a calquera país do mundo. Para os países que se encontran fóra da Comunidade Económica Europea (CEE), é conveniente que os pedidos se fagan antes do 10 de decembro, para que haxa unha maior garantía de que chegarán antes do 6 de xaneiro.

Deseñamos todo o noso sistema para evitar este problema e dispoñemos de recursos humanos e organizativos abondos para garantir un envío a tempo. Non obstante, pode suceder algún contratempo no envío por correo, alleo ao noso control, sempre de xeito moi excepcional. O período de Nadal é especialmente lento nos envíos ordinarios, debido ao maior tráfico de envíos e de felicitacións nesas datas. Se isto chegase a suceder, temos unha garantía de devolución do diñeiro.

PAGAMENTOS

A forma de pagamento pode ser mediante tarxeta (pode utilizar a maioría das principais tarxetas de crédito e débito a través de Paypal: Visa, MasterCard e Visa Electron) ou ben mediante transferencia en liña, a través de Paypal. Nota importante: non é necesario ser cliente de Paypal para pagar a través desta pasarela bancaria, senón que o proceso de pagamento se realiza coa súa tarxeta de débito ou crédito como en calquera outra pasarela de pagamento de calquera banco. Opcionalmente, ao final do proceso de pagamento, vostede pode facerse membro de Paypal.

www.cartadosreismagos.com elixiu Paypal, a plataforma de pagamento máis estendida e segura da internet. Con Paypal, pódense utilizar a maioría das principais tarxetas de crédito e débito: Visa, MasterCard, Visa Electron, e outras. Ademais, se o prefires, poderás utilizar a túa conta bancaria para realizar o pagamento mediante transferencia en liña. Podes coñecer máis sobre Paypal en HYPERLINK "http://www.Paypal.es" www.Paypal.es

DATOS PERSOAIS

Cumprimos coa lexislación española en materia de protección de datos. Por favor, lea a nosa sección “Política de confidencialidade” ou o “Aviso legal”, que encontrará na parte de abaixo desta páxina á súa esquerda.

OUTROS

Vaia, por favor, á sección de “Contacto” e envíenos a súa pregunta.